Sospechosos de terrorismo
febrero 2, 2012 – 4:44 pm | No hay Comentarios

Artículo 12 de la Declaración Universal de los derechos humanos  y El Artículo 17 del “Pacto Internacional de Derechos Civiles y Políticos” adoptado por la Asamblea General de Naciones Unidas:

Nadie será objeto de injerencias arbitrarias en su vida privada, su familia, su domicilio o su correspondencia, ni de ataques a su honra o a su [...]

Share
Leer el artículo completo »
Ley de Costas

Corrupción

Wikileaks

Anonymous

15M

Inicio » Justicia, Ley de Costas, Medio Ambiente
6 Vota

MANIFESTACIÓN. Sábado 14 de Novembro en Vigo.OS RECHEOS MATAN A RÍA

Enviado por en noviembre 12, 2009 – 2:44 pmNo hay Comentarios

Sábado 14 de Novembro en Vigo:

MANIFESTACIÓN

A Ría de Vigo, como todas as rías atlánticas, é un dos ecosistemas mariños máis ricos do mundo. Unha enorme riqueza biolóxica en si mesma, pero tamén un recurso económico que, racionalmente explotado, é fonte de vida e de alimento para hoxe e para sempre. Este tesouro común, de valor incalculable, nolo están destruíndo dun xeito estúpido, progresivo e irresponsable.

Por iso, este sábado 14 de Novembro, a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” co apoio de 8 organizacións de mariñeiros e da Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, organizamos unha manifestación que sairá ás 19:00 horas da Praza dos Cabalos e rematará na Autoridade Portuaria de Vigo. Posteriormente, ás 23:00, na Sala Farándula (rúa Churruca) celebrarase un concerto solidario.

O lema da Manifestación será:

Massó, Bouzas, Areal, Teis, Chapela….

OS RECHEOS MATAN A RÍA

Os Recheos matan a Ría, tanto se son construídos con terra e entullo como se o son con pilotes ou caixóns de formigón.

-Os responsábeis desta morte proxectada son: a Autoridade Portuaria de Vigo, principal promotora de todos os proxectos de ampliacións portuarias e portos deportivos, que se autoproclama propietaria da lámina de auga e do litoral, a clase empresarial, que é a que verdadeiramente marca as directrices do porto de Vigo, e os alcaldes e alcaldesas que gobernan nos concellos bañados pola Ría e permiten as máis agresivas actuacións no mar e na ribeira.

ASISTE Á MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECHEOS ESTE SÁBADO 14

Contra a cobiza insaciábel polo espazo portuario para logo construír centros comerciais, edificios administrativos, campos de fútbol, hoteis, restaurantes, fontes cibernéticas absurdas…

Contra a conversión do litoral en caóticos polígonos industriais cheos de empresas e naves alleas á actividade portuaria.

Contra a política avariciosa de conseguir as máximas ganancias no menor tempo para que os de sempre sigan a engrosar os seus beneficios.

Contra a contaminación con millóns de litros de augas residuais urbanas e industriais que se verten diariamente ao mar sen depurar.

Contra a especulación do litoral, tanto urbanística, como de chan industrial ou de lámina de auga.

Contra a privatización do litoral, a usurpación de espazos agora públicos para convertelos en lucrativos negocios privados, como prazas de amarre para embarcacións de recreo.

Contra a utilización do porto como un almacén de mercadorías, ou un aparcadoiro de vehículos.

Contra os que utilizan a ría como un vertedoiro, construtoras grandes e pequenas que, aproveitando os recheos, verten ao mar os entullos e todo tipo de lixo xerado nas súas obras.

É hora de paralizar as agresións á ría, de levantar recheos e demoler as naves alleas á actividade portuaria. É hora de parar a especulación e a privatización do mar.

É hora de que a sociedade organizada non permita ningún atentado máis á ría: Por iso, hoxe máis que nunca, queremos dicir con voz forte e clara:

Goberne quen goberne

A RÍA NON SE VENDE!!!

Convoca: A Ría Non Se Vende

Apoian: Asociación de Naseiros de Alvedosa,

Asociación Pedra Oliveira,

Confraría de Pescadores de Baiona,

Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas,

Confraría de Pescadores de Redondela,

Cooperativa Cíes Artesanais,

Cooperativa Mar do Morrazo,

Cooperativa Pesca de Baixura e

Plataforma en Defensa da Enseada San Simón

Proxectos actualmente en marcha na Ría de Vigo:

Proxectos de recheos en curso de realización:

Bouzas: 66.339 m2 máis

Areal: 79.938 m2 máis

Punta Chapelisa: 21.194 m2 máis

Rande: 32.881 m2 máis

TOTAL: 200.352 m2, 32.881 en Rede Natura

Proxectos de portos deportivos:

Baiona: 85 prazas de amarre máis

Panxón: 43 fondeos

Canido: 45 fondeos

Vigo: 400 prazas de amarre máis

Etea: 250 prazas de amarre (ampliable)

San Adrián: 450 prazas de amarre máis

Moaña: 50 prazas de amarre máis

O Con: 360 prazas de amarre

Cangas: 290 prazas de amarre máis

Massó: 420 prazas de amarre

TOTAL: 2.305 prazas de amarre máis. Na actualidade xa hai 4.114

Máis información no noso artigo
“Acelérase o proceso de destrución da Ría de Vigo”


If you enjoyed this post, make sure you subscribe to my RSS feed!
Share

¡Deja un comentario!

Añade tu comentario abajo, o trackback desde tu propio sitio. También puedes suscribirte a estos comentarios via RSS.

Hay que ser agradable. Manténgalo limpio. Manténgase sobre el tema. No spam.

Usted puede utilizar estas etiquetas:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Se trata de un Gravatar habilitado weblog. Para obtener su propio -avatar, por favor regístrese en Gravatar.